“É unha Terra cha. Terra Cha-Manatí, con canamainzo, platanomaceiras, palmeiracarballos e papatacas. Unha terra Cha con merlos brancos e vacas caribeñas. Con rumbamuiñeira, con chachachá de chascarrachás.”
Manuel Rivas, “Galicia, Galicia”
“La Comandancia” aparece en Tui no 2007, á beira do Miño, río que, como é sabido, nace en Fontemiña e desemboca en La Habana. Así, dende esta beira do río, e có oido posto nos sones que chegan dende a outra, demostran estes cinco “guajirojaiteiros” que a música é patria que non sabe de xeografías.
O programa? Fuxir do chimpún-chimpún-chimpún, volver á tradición (ainda que sexa outra tradición), agarrarse ao acústico, -á madeira, á corda, ao metal-, e dende ahí tirar para o norte